luns, 1 de xullo de 2019

TERRA VITA

Estamos a piques de despedir o proxecto Terra Vita e as nenas e nenos do cole estiveron reflexionando sobre o significado deste acróstico:
"Tolerancia, Educación, Respecto, Responsabilidade, hAbilidade, Vitalidade,  Inclusión, Talento, Acción" . 
Aquí tedes unha selección dos debuxos que fixeron para representar  TERRA VITA, agardamos que vos gusten tanto coma a nós.

Grazas a todas e todos polo voso traballo ao longo destes dous anos.



martes, 25 de xuño de 2019

xoves, 30 de maio de 2019

VISITA Á ESCOLA "TRAIN DEMETRESCU" DE ROMANÍA

Se queredes saber algo máis das/os nosas/os amigos da escola de educación infantil "Traian Demetrescu" de Romanía non vos perdades este vídeo resumo da visita ao seu centro de dúas das nosas mestras. 

 

 

mércores, 15 de maio de 2019

martes, 23 de abril de 2019

PLANTAS DA NOSA CONTORNA

As rapazas e rapaces de sexto estivemos investigando sobre as distintas plantas que podemos atopar nesta zona. Decidimos facer unha selección e escollemos as tres que máis nos interesaban e averiguar máis sobre elas. 

Aquí podedes ver algunhas fotos dos traballos que fixemos.

                           




Se queredes saber máis sobre estas plantas botádelle un ollo ás presentacións tan chulas que fixemos.