venres, 9 de marzo de 2018

LUME, O SEÑOR EN LAPAS

Mirade que actividades tan divertidas fixeron as alumnas e alumnos da escola Josip Matos de Vukovar.





martes, 6 de marzo de 2018

MARTISOR


As nosas amigas e amigos de Craiova enviáronnos este agasallo para celebrar a festividade de Martisor, que celebran o 1 de marzo.




Esta tradición romanesa celebra a primavera, a natureza, a alegría e a vitoria do ben sobre o mal.
Nesta data recíbense pequenos agasallos, atados cun cordón branco e vermello, que traen sorte, benestar e saúde.  

Se queres saber máis sobre a lenda desta festividade segue lendo.... 

      Cada ano a festa do 1 de Marzo tráenos renovadas esperanzas, confianza, fe na boa fortuna e unha próspera vida. Son a vida, a primavera e o brillo do sol os que ganan a batalla contra o tempo frío, ceos cubertos e os duros días do Babe ( os nove primeiros días de marzo) . O triunfo do renacemento e rexeneración non podía ser mellor encarnado que co Martisor ( un adorno, amuleto de marzo) que se ofrece a aqueles que amamos a principios da primavera.
       O cordón branco e vermello deste amuleto ( unha moeda ou tamén unha monetaria moneta) que os pais tradicionalmente ataban arredor dos pulsos dos seus fillos e fillas, os mozos ofrecíanllo ás mozas e as mozas adoitaban intercambialos, xa que se cría que traía boa sorte e boa saúde ” como prata pura, como a pedra do ría, como a cuncha mariña”.
      O Martisor ofrécese pola mañá cedo no primeiro día de marzo e lévase durante 9-12 días, a veces, ata que a primeira árbore florece momento no que colga dunha rama florecente para traer boa sorte ao seu posuidor.
     En Dobrogea, o Martisor levábase ata a chegada das brancas cegoñas cando se lanza ao ceo para traer “gran e alada fortuna” ao seu posuidor.
    O Martisor era un regalo que os romaneses se enviaban uns aos outros no primeiro día de marzo, tradicionalmente unha moeda de ouro suspendida nun cordón trenzado branco e vermello, cunha borla de seda. O receptor normalmente levábao arredor do pescozo ata que vira unha rosa florecer e entón o regalo pousaríase na súa rama, deste xeito dábaselle a benvida á primavera poeticamente. A moeda simbolizaba a prosperidade, o branco e vermello do cordel, unha metáfora da cara dunha persoa “branca como un lirio e rosada como unha rosa”.
       Nas aldeas de Transilvania, O Martisor de fío de la branca e vermella colocábase en portas, ventás , currais das ovellas, atados arredor dos cornos do gando, nas asas dos caldeiros, para protexer do mal de ollo e espíritos malignos; críase que o vermello “ a cor da vida” podía ser un indutor de vitalidade e rexeneración.
   Na tradición das vilas das montañas dos Cárpatos, o Martisor coñecíase como Drogobete, o tempo do ano no que as mozas lavaban a cara en “auga de neve” para conseguir que fose “ limpa, fermosa e branca como a neve”
       En Bihor a xente do pobo cría que a a auga da chuvia recollida o 1 de marzo, e durante os nove días do Babe che farían máis fermoso e saudable, mentras que en Banat era unha costume para as mozas recoller auga e neve das follas de bagas silvestres e lavala cara cunhas pálabras máxicas de Drogobete para o amor:

Flor da baga salvaxe de marzo. Faime querida para alguén, aparta de min calquera mal.

A lenda do Martisor
      Houbo unha vez un tempo na que o Sol adoitaba tomala forma dun home xove e descendía á Terra para bailar entre o pobo.
    Un dragón descubriu isto e seguiu ao Sol na Terra, capturouno e confinouno nun calabozo no seu castelo.
      Un día un valente mozo partiu para atopar o calabozo e liberar ao Sol. Moita xente se lle uniu e deulle forza e coraxe para desafiar ao poderoso dragón.
    A viaxe durou tres estacións: verán, outono e inverno. Ao final da terceira estación o valente mozo puido finalmente chegar ao castelo do dragón onde o Sol se atopaba prisioneiro. A loita durou varios días ata que o dragón foi vencido. Inda que debilitado polas súas feridas o afoutado mozo conseguiu liberar ao Sol para alegría daqueles que creran nel.
     A natureza estaba viva de novo, a xente recuperou o seu sorriso, pero o valente mozo non puido superala primavera. A súa sangue morna caía das feridas sobre a neve. Coa neve derreténdose, flores brancas chamadas campaíñas de inverno, presaxio da primavera brotaron do chan desconxelado. Cando a última gota da sangue do valente mozo caeu sobre a neve branca e pura morreu co orgullo de que a súa vida serviu para un nobre propósito.
   Dende entón a xente trenzou dúas borlas: unha branca e unha vermella. Cada primeiro de marzo, os homes ofrecen este amuleto chamado Martisor ás mulleres que aman. A cor vermella simboliza amor para todo o que é fermoso e tamén a sangue do valente mozo, mentres que o branco representa pureza, boa saúde e campaíñas de inverno, a primeira flor de primavera.
    Literalmente Martisor significa pequeno Marzo: un pequeno adorno que se leva na solapa polo cal se deixa atrás ao inverno e se dá a benvida á primavera.

A lenda do Martisor
     Había unha vez un home moi pobre que facía vestidos de bonecas, cordóns, borlas e que as vendía no mercado.
    Un día quedouse sen tecido e todo o que tiña a man eran dous carretes de fío: un vermello e un branco. Estivo pensando que podía facer con eles e tivo unha idea. Colleu dous extremos dos carretes, un branco e outro vermello e trenzounos facendo un cordel. Estivo moi feliz co seu traballo e colgou un debuxo do seu novo fío. E preguntouse: “Como lle podo chamar a isto?” “ Xa sei! Martisor, porque é marzo e hoxe é o primeiro día do mes. Será un agasallo que os homes lle ofrezan ás mulleres. E fixo varios modelos.
    Rapidamente se soubo da súa invención. A xente celebra o primeiro de marzo porque queren preservar a memoria do día no que un pobre home creou o símbolo da primavera e a rexeneración.